O Real Club Deportivo que participará na primeira edición de LaLiga Genuine realizou hoxe na Cidade Deportiva de La Torre o seu último adestramento antes do debut na competición, que arrinca este fin de semana en Vila-real. Nesta sesión de adestramento, os xogadores recibiron a visita e os ánimos do presidente do Club, Tino Fernández, acompañado polos conselleiros Enrique Calvete e Daniel Ramos.
Tino Fernández aproveitou para animalos, felicitarlles e darlles as grazas "por estar neste proxecto que para nós é tan bonito. Estamos moi contentos de que esteades orgullosos de estar no Dépor e de representar á nosa cidade".
Pablo Barros, técnico do equipo, convocou a estes 16 futbolistas para a estrea do cadro branquiazul na posta de longo desta competición impulsada por LaLiga: Alejandro Agustín Pereira Sayar, Alejandro Gómez Barbeito, Álvaro López Peribáñez, Anxo Martínez Barreiro, Borja Eiroa Castro, Cristian Vázquez Gerpe, Daniel Trasancos Lima, Gabriel Cives Branco, Ignacio García González, Iván Bernárdez Palmeiro, Iván Lorenzo Santiago, Juan Agustín Torres Martínez, María del Carmen Durán Rodríguez (Segunda capitá), Senén Fernández Díaz (Primeiro capitán) Víctor Vales Ruz e Sergio Díaz Rodríguez (Terceiro capitán)
O equipo sairá desde Alvedro o venres ás 13:35, facendo escala en Madrid e aterrando Valencia ás 17:20 horas. O hotel de Concentración é Marina D´or.
A competición comezará con estes 3 partidos para os deportivistas:
Sábado 10:00 RC Deportivo – Las Palmas
Sábado 15:30 RCD Espanyol – RC Deportivo
Domingo 09:00 RC Deportivo – Athletic Club
Previamente terá lugar, ás 20:00 horas do venres no Mini Estadi da Cidade Deportiva Miralcamp (Vila-real), a presentación da competición na que participarán os capitáns dos equipos.