RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Racing Club Villalbés fixa en 10 euros o prezo da entrada para o amigable ante o Dépor deste sábado 24 de xullo

O Racing Club Villalbés fixou en 10 euros o prezo da entrada para asistir ao amigable ante o RC Deportivo deste sábado 24 de xullo ás 19:00 horas na Magdalena. Iso si, os socios do equipo lucense teñen acceso gratuíto co carné correspondente á temporada 2020-21.

Os interesados tamén poden adquirir a súa entrada nas oficinas do Estadio Roca de Vilalba (Avenida da Terra Cha nº 25) o xoves e venres de 16:00 a 19:00 horas.

Debido á pandemia de COVID-19, o aforamento da Magdalena, escenario dun partido clásico de cada verán, será dun máximo de 500 persoas.

O calendario de pretemporada do Deportivo é o seguinte:

RC Villalbés - RC Deportivo, sábado 24 de xullo, 19:00 h. A Magdalena
Viveiro CF - RC Deportivo, sábado 31 de xullo, 19:00 h. Cantarrana
Bergantiños FC - RC Deportivo, mércores 4 de agosto, 19:00 h. As Eiroas