RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Real Club Deportivo doa 2.000 panettones para entidades sociais da Coruña

O Real Club Deportivo, grazas ás xestións realizadas polo seu consello de administración, puxo a disposición da Concellaría de Benestar Social e Igualdade 2.000 panettones para que poidan ser distribuídos a entidades sociais da Coruña.

A doazón, procedente de Ferrolterra Catering, chegou esta mañá á cidade e foi recepcionada pola concelleira Yoya Neira. 500 unidades xa foron entregadas á Cociña Económica da Coruña e as outras 1.500 poranse a disposición doutras institucións que traballan con colectivos vulnerables a través dos diferentes programas de atención social que xestiona o Concello, especialmente reforzados estes días polo Estado de Alarma e Emerxencia Sanitaria no país, mediante o programa Coruña Acompaña.