RCD / NOVAS

O Real Club Deportivo exerce a opción de repesca sobre Borja Galán

08/07/2019 19:00

O Real Club Deportivo fixo efectiva nas últimas horas a opción de repesca que mantiña sobre Borja Galán.

Deste xeito, o atacante madrileño que a pasada temporada defendeu as cores da AD Alcorcón, incorporarase ás ordes de Juan Antonio Anquela o vindeiro luns día 15 na Cidade Deportiva de Abegondo.

Máis novas de: BORJA GALÁN