RCD / NOVAS

O Real Club Deportivo rescinde o contrato de Pepe Mel

24/10/2017 16:38

O Consello de Administración do Real Club Deportivo decidiu rescindir o contrato de Pepe Mel como adestrador do equipo.

O Club quere agradecer sinceramente ao técnico madrileño e a todo o seu corpo técnico a dedicación, o esforzo e a profesionalidade que demostraron durante o tempo que dirixiron ao primeiro cadro deportivista.

Cristóbal Parralo, adestrador do RC Deportivo Fabril, farase cargo do equipo ata final de temporada.

Máis novas de: PEPE MEL