RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Real Madrid, este xoves 24 en Marbella, será o rival do Dépor na semifinal da Copa de Campións xuvenil

O Real Madrid será o rival do RC Deportivo na semifinal da Copa de Campións da División de Honra xuvenil. Os brancos superaron por 2-1 nos dous partidos de cuartos de final ao Atlético de Madrid.

Málaga CF e FC Barcelona, que eliminaron ao Athletic Club e Levante UD respectivamente, protagonizarán a outra semifinal.

A Federación Española de Fútbol elixiu as instalacións do Marbella Fútbol Center para a celebración desta 'Final Four'.

As semifinais xogaranse o xoves 24 en horario por fixar. Os gañadores pasarán á gran final, o domingo 27.

Os pupilos de Óscar Gilsanz buscarán o broche de ouro a unha gran temporada após proclamarse campión do grupo primeiro da División de Honra.