RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O vestiario branquiazul, satisfeito co resultado e a evolución do equipo

José Rodríguez, Luisinho e Luís Fariña expresaron na zona mixta de Riazor a súa satisfacción polo resultado e polo xogo do Deportivo, na súa estrea esta tempada na Coruña ante a afición.

José Rodríguez, que se retirou por unha lesión que tivo hai tempo no nocello e que lle volveu a dar molestias, afirmou que "vin moi ben ao equipo. En Colombia non fixemos moi ben as cousas e aos poucos imos evolucionando".

"O equipo mellorou bastante desde que viñemos de Colombia. Falta pechar totalmente o persoal, pero o equipo está a coñecerse e creo que estamos no camiño seguro", manifestou Luisinho.

Finalmente, Luís Fariña, autor de dous goles ante o Nacional, subliñou que "se está vendo unha melloría partido a partido que nos pon contentos".