RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario deportivista fala de paso "case definitivo" para lograr o obxectivo

Pedro Mosquera, goleador hoxe en Riazor, e Alejandro Arribas atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio.

O centrocampista coruñés manifestou que "nós sabiamos que era crucial gañar hoxe aquí, no noso campo, e un rival que estaba na nosa mesma liga. Hoxe era fundamental. Así foi". Con este tres puntos, Pedro Mosquera subliña que "damos un paso moi grande para a permanencia".

Do encontro, indicou que "a primeira parte non foi todo o fluída que nos gustaría. Eles tiveron bastante o balón, aínda así tivemos a ocasión máis clara, o tiro de Carles Gil desde dentro da área. Despois na segunda parte estivemos moito mellor, xa estivemos máis arriba, empezamos a asociarnos mellor por bandas, con Juanfran, Carles Gil, Kakuta entoouse máis. Fixemos unha boa segunda parte e soubemos sufrir os minutos que eles apertaron bastante".

Pola súa banda, Alejandro Arribas coincidiu con Mosquera e recalcou que "se non gaña o Sporting é un paso non definitivo, pero case. Estariamos case co obxectivo cumprido, pero aquí no fútbol nunca se sabe". O central deportivista resalta o valor desta vitoria "para coller confianza" cara ao esprint final de LaLiga.

Non se mostrou preocupado polos futbolistas que, por cartóns, non poderán estar en Anoeta o vindeiro domingo 23 de abril ás 13:00 horas (Carles Gil, Guilherme e o propio Arribas): "Os compañeiros que saíron nesas posicións fixérono moi ben.