RCD / NOVAS

O Xuvenil A acaba a temporada na División de Honra na 5ª praza

07/04/2019 13:12

O Xuvenil A finalizou esta mañá a liga no grupo 1º da División de Honra cun triunfo pola mínima (4-3) ante un Pontevedra CF que cae así á liga Nacional. Álex -2-, Kilian e César foron os goleadores branquiazuis hoxe en Abegondo.

Os deportivistas, que pelexaban co Ural CF pola 4ª praza, cumpriron co seu obxectivo, que era derrotar aos granates e sumar así 53 puntos. Os que tampouco fallaron foron os uralistas, que amarraron a 4ª posición en detrimento de os branquiazuis após vencer no seu partido ao CD Covadonga e alcanzar os 54 puntos.

Así pois, o Xuvenil A finaliza con 16 partidos gañados, 5 empatados e 9 perdidos. Os pupilos de Javier Álvarez anotaron 63 dianas e encaixaron 34.

Xuvenil A: Brea, Iván, Juan, Íñigo, Guillem, Chadi, Hugo Novoa, Armas, Álex, César e Kilian. Tamén xogaron: Jorge, Israel, Gonçalo Oliveira e Pedro.

Os resultados do conxunto que dirixe Javi Álvarez son os seguintes:

Xuvenil A 5 (Prendes -2-, Armas, Álex e Íñigo) - Atlético Perines 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 3 (Israel, Álex e Kilian) - Ural 1
CD Colindres 1 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Álex) - Val Miñor 0
Lugo 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Litos) - Sporting de Gijón 1
CD Covadonga 2 - Xuvenil A 3 (Prendes, Armas e Valín)
Xuvenil A 1 (César) - Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 3 (Kilian -2- e Litos)
Alondras CF 1 - Xuvenil A 1 (Armas)
Xuvenil A 6 (Prendes, Juan -2-, Kilian -2- e Óscar) - Bansander 1
Racing de Ferrol 2 - Xuvenil A 2 (Juan e Armas)
Xuvenil A 0 - Real Racing Club 1
Pontevedra CF 0 - Xuvenil A 2 (Armas -2-)
Atlético Perines 3 - Xuvenil A 2 (Valín e Armas)
Xuvenil A 2 (César e Álex) - Real Oviedo 0
Ural CF 2 - Xuvenil A 1 (Guedes)
Xuvenil A 5 (Armas -3-, Óscar Lorenzo e Litos) - CD Colindres 0
ED Val Miñor Nigrán 0 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 1 (Álex) - CD Lugo 0
Sporting de Gijón 2 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 4 (Kilian, Gonçalo, Iván e Israel) - CD Covadonga 1
RC Celta 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 3 (Jorge, Kilian e Gonçalo) - CD Roces 0
Xuvenil A 4 (César -2-, Armas e Israel) - Alondras CF 0
Bansander 1 - Xuvenil A 3 (Gonçalo, Israel e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil A 5 (César, Israel e Álex -3-) - Racing de Ferrol 1
Real Racing Club 3 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 4 (Álex -2-, Kilian e César) - Pontevedra CF 3