RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B confirma a súa traxectoria ascendente cun bo triunfo ante o CD Lugo B

O Xuvenil B confirmou a súa traxectoria ascendente na liga Nacional cun bo triunfo ante o CD Lugo B (3-0), en partido correspondente á 6ª xornada na liga Nacional.

Nájera, Urdiales e Padín foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este marcador, o Xuvenil B suma 7 puntos e escala á zona media da táboa.

Xuvenil B: Adrián Pereda, Álex González, Carracedo, Dani Barcia, Pablo Martínez, Nájera, Portas, Noel, Urdiales e Padín. Tamén xogaron: Mauro, Jairo, Álex Mellid e Antón.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao CVC Valladares.

Os resultados do Xuvenil B que prepara Jaime Sánchez son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4
RC Celta B 1 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - Ourense CF 5
ED Val Miñor B 0 - Xuvenil B 5 (Aye, Noel, Añón, Nájera e Padín)
Rápido de Bouzas 3 - Xuvenil B 3 (Aye, Nájera e Noel)
Xuvenil B 3 (Nájera, Urdiales e Padín) - CD Lugo B 0