RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B supera ao Racing Villalbés e fai pleno de vitorias

O Xuvenil B impúxose (3-1) en Abegondo ao Racing Villalbés en partido da 10ª xornada de liga no subgrupo A de Liga Nacional, que foi aprazado o pasado domingo 24 de xaneiro por un caso positivo de COVID-19 no conxunto lucense.

Álex González -2- e Nacho foron os goleadores branquiazuis neste encontro a porta pechada pola pandemia de coronavirus.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 36 puntos de 36 posibles. Pleno pois de triunfos para o equipo que preparan Alejandro Antón e Aldo Duscher, con tan só tres goles encaixados en doce partidos. A SD Compostela, segundo na táboa, queda con 30 puntos, a seis de distancia dos branquiazuis.

Xuvenil B: Lemos, Quique Teijo, Manu Berrocal, Mato, Mario, Carlos Rodríguez, Nacho, Rubén, Pablo Trigo, Hugo Baldomar e Álex González. Tamén xogaron: Marcelo, Álex Montero, Roque, Nico e Carlos Iglesias.

O vindeiro sábado 20 de febreiro, o Xuvenil B visita ao Pontevedra CF, ás 16:00 no campo Manolo Barreiro 1 (Pontevedra). Este choque corresponde á 13ª xornada.

Os resultados do Xuvenil B en liga até a data son os seguintes:

Racing Villalbés 0 - Xuvenil B 4 (Diego Gómez, Embid, Hugo Baldomar e Martín Ochoa)
Xuvenil B 5 (Diego Gómez, Nacho, Trigo, Hugo Baldomar e Adrián Lombao) - EF Lalín 0
SD O Val 1 - Xuvenil B 3 (Rubén e Martín Ochoa -2-)
Xuvenil B 3 (Martín Ochoa -2- e Trigo) - Pontevedra CF 0
CD Lugo B 0 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Embid)
Xuvenil B 2 (Álex González e Diego Gómez) - Atlético Coruña Montañeiros CF 0
Xuvenil B 3 (Canles, Diego Gómez e Martín Ochoa) - Victoria CF 0
SD Compostela 1 - Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Quique Teijo)
Xuvenil B 2 (Martín Ochoa e Hugo Baldomar) - Arosa SC 0
Xuvenil B 3 (Alex González -2- e Nacho) - Racing Villalbés 1
EF Lalín 0 - Xuvenil B 3 (Martín Ochoa -2- e Carlos Rodríguez)
Xuvenil B 5 (Mario, Seydiba -2-, Álex González e Marcelo) - SD O Val 0