RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Oreco Balgón Construtora, patrocinador de Juan Carlos Menudo para esta temporada

A previa do Dépor-SD Logroñés estivo marcada hoxe pola presentación do patrocinio que loce esta temporada nas súas costas Juan Carlos Menudo, o da construtora Oreco Balgón, que ademais de ao futbolista sevillano, hoxe patrocina o choque en ABANCA-RIAZOR.

Os responsables de Oreco Balgón Contructora visitaron, acompañados polos invitados correspondentes como patrocinadores do encontro, as instalacións branquiazuis na previa do partido, aproveitando para a entrega simbólica da súa camiseta para esta temporada co patrocinio persoal que lucirá durante toda a campaña a Juan Carlos Menudo. Oreco Balgón é unha construtora con sedes en tres do catro provincias galegas, unha delas na Coruña, xunto ao Carballiño (Ourense) e Vigo (Pontevedra), e implantación a nivel nacional e internacional. Asinando importantes proxectos en todos os sectores da construción e a rehabilitación, Oreco Balgón apoia ao deporte da súa terra de orixe a través do soporte que brinda a clubs como o Arenteiro ou o Dépor.

Ademais de na elástica de xogo, a firma patrocinadora tamén aparecerá nas aliñacións dos partidos oficiais, tanto en redes sociais como en vídeomarcadores, na páxina do xogador na web do Club e no micrófono de sala de prensa durante as súas comparecencias. A estes soportes dixitais uniranse varias actividades co futbolista ao longo da temporada, tanto nas instalacións do propio patrocinador como nas do RC Deportivo. Os sponsors tamén terán a oportunidade de ser patrocinadores dun dos partidos da temporada en ABANCA-RIAZOR, como o caso hoxe de Oreco Balgón Construtora.

Todos os detalles deste novo patrocinio para as empresas que queiran completar a lista de patrocinadores de Vos Nosos nesta temporada 2021-2022 poden consultarse ao departamento comercial do Club en comercial@rcdeportivo.es.