RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Oriol Rise opina que ''o equipo está a interpretar ben en cada partido o que se necesita''

Oriol Rise, dianteiro titular o pasado domingo ante o Espanyol, compareció en rolda de prensa esta tarde en Abegondo.

O dianteiro branquiazul recoñeceu que "estamos todos moi contentos polo traballo realizado estes días, por como están a saír as cousas".

Cre Oriol que "o equipo está a interpretar moi ben en cada partido o que se necesita. É o momento para con esta felicidade e estas ganas de seguir mellorar todo o posible para seguir crecendo".

Neste sentido, cualificou a derrota ante o Sporting de Xixón, a única na liga ata a data, como "un pau que nos deixou os pés no chan. Este vestiario é dos que está a pensar no que realmente importa e non pensar en máis aló".

Recoñece que tras superar a lesión muscular que o apartou do equipo varias semanas "aínda podo mellorar, aínda podo achegar máis cousas. Pódese tentar facer mellor. Pero bo, satisfeito polo primeiro partido, pola vitoria, por participar nas situacións ofensivas en practicamente todo o partido. Esta é a liña a seguir, que estamos a tentar todos, non só eu".

Aventura un partido en Granada que "custa gañar. Xogamos contra un rival que está último. Ten moi bos xogadores, compiten, saben ao que están a xogar. A súa situación na táboa non é boa, por tanto será un partido moi complicado. Sumando que levamos dúas vitorias a domicilio, facer a terceira é moi difícil".

En consecuencia, pide este sábado 3 de outubro nos Cármenes (18.15 horas),  "saír cunha intensidade máxima para seguir sumando e insistir neste camiño".