RCD / NOVAS

Os futbolistas branquiazuis destacan a efectividade xixonesa e céntranse xa no Betis

  Os futbolistas branquiazuis destacaron en zona mixta a efectividade do Sporting de Gijón. Todos eles (Lucas, Luís Alberto e Laure) prefiren pasar página e centrarse xa na visita ao Real Betis deste xoves 24 de setembro ás 22.00 horas (Teledeporte).

20/09/2015 21:43

Así, Lucas asegura que o Dépor caeu "ante un equipo que foi moi efectivo". Subliña que fixeron "catro disparos e tres goles". O atacante coruñés cre que agora "hai que pasar páxina e o xoves hai que ir gañar en Sevilla".

Pola súa banda, Luís Alberto, goleador de novo esta tarde, confesa que se marcha "doído. Tes máis ocasións que o rival e irche cun 2-3 a casa fode". Pide agora o centrocampista andaluz "centrarse no Betis e traer algo positivo para casa".
 
Finalmente o capitán Laure recoñece que "non entramos ben no partido. Fixemos un esforzo enorme para remontar e nun contragolpe métennos o terceiro". Destacou o lateral branquiazul que o Deportivo tivo máis ocasións que o Sporting, "para empatar e mesmo gañar".

Máis novas de: LAURE, LUCAS PÉREZ, LUIS ALBERTO