RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os futbolistas branquiazuis mostran en zona mixta felicidade e autocrítica

Florin Andone, Carles Gil e Poroto Lux pasáronse pola zona mixta do estadio do Villarreal.

Florin Andone confesou que este empate nos fai "sentir aliviados" ao lograr así a permanencia: "Estamos contentos, estamos aliviados".

Iso si, o pichichi deportivista comentou aos medios de comunicación que "a temporada non foi boa pero o bo é que nos salvamos, un ano máis en Primeira".

Pola súa banda, Carles Gil dixo que "é un día moi feliz. Sabiamos que se podían dar situacións estrañas por iso tentamos ir a pola vitoria. Tal e como estaba o partido eles encerráronnos atrás. Soubemos non darlle espazos ao Villarreal e estamos moi felices".

O atacante valenciano subliñou do partido que "a parte de arriba, eu persoalmente, foi dos partidos que menos balóns toquei. Sabiamos que hoxe tiña que ser así. O míster metéranolo na cabeza. Leva toda a semana meténdonos iso".

Finalmente, o capitán Poroto Lux destacou que "o equipo quedou baleiro hoxe porque o rival é moi difícil. Manexounos o balón todo o tempo. Tivemos que defender ben e esperar a ver se tiñamos unha contra ou algunha pelota parada. Algunha tivemos".

O gardameta dixo estar "contento por cumprir este obxectivo tan sufrido. Lamentablemente puidémolo pechar antes. A temporada non foi para nada boa".