RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os futbolistas branquiazuis valoran como positivo o punto ante a Real

  Os futbolistas branquiazuis valoraron positivamente na zona mixta de Riazor o punto co que o Deportivo arrinca a liga 2015-16.

O capitán Laure cualifica de xusto "" o resultado, aínda que si subliña que "tivemos 70 minutos moi bos, levando a iniciativa e roubando o balón moi arriba".

Poroto Lux recoñeceu que a Real Sociedade creou "un par de ocasións claras para marcar" e opina que o partido foi "moi dinámico, excepto nos minutos finais, nos que o cansazo e a pesadez afectou aos dous equipos". A nivel persoal, dixo a meta arxentino "atoparse moi ben, coa confianza do míster e dos meus compañeiros. Traballo para ésto". Valorou Lux o feito de realizar unha pretemporada "boa, sen lesións".
 
Finalmente, o debutante Fayçal Fajr cualificou de bo "punto, bo resultado" o empate ante a Real Sociedade. Cre que o equipo fixo "un bo partido. Tentamos facer o noso xogo, desde atrás. Tivemos moitas posibilidades pero faltounos marcar".