17/08/2019 17:45 |
RCD / NOVAS
Os futbolistas, satistechos, lembran non obstante que o obxectivo é a permanencia
Os futbolistas do Dépor que atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio Palamós Costa Brava mostraron a súa satisfacción polo triunfo que pon en vantaxe aos branquiazuis na eliminatoria de dezaseisavos de final da Copa do Rei, pero á vez lembraron que o obxectivo claro do equipo é a continuidade en Primeira División.
Juan Domínguez, titular ante a Llagostera, apunta que "o obxectivo o temos moi claro, que é a permanencia. Non hai outro obxectivo que non sexa ese. Se temos a gran sorte de conseguilo antes de que acabe a tempada, miraremos a ver se se poden alcanzar outras cousas". Subliña un dos capitáns branquiazuis que "as cousas se están facendo ben, estamos a traballar moito e ao final todo depende diso, do esforzo, do compromiso, da humildade. E iso é algo que nunca debe faltar".