RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os goleadores Lucas, Luís Alberto e Borges enxalzan o traballo colectivo

Lucas manifestó tras o partido en Vallecas que "o traballo que fixemos en Valencia deu o seu froito agora. Esta semana que estivemos de parón veunos moi ben para corrixir cousas".

O dianteiro coruñés cre que "hoxe se viu un gran Deportivo, con ambición, e estamos moi contentos".

Pola súa banda, Luís Alberto, autor dun gol, o segundo, fundamental no transcurso do partido por ser un minuto despois do empate do Raio, opina que marcha "moi satisfeito porque o equipo fixo un partido moi serio".

Advirte que tiñan o partido "moi estudado, moi traballado, e todo saíu moi ben".

Finalmente, Celso Borges, goleador de novo en Vallecas despois dos seus dous goles no estadio rayista a tempada pasada, subliñou que "estabamos moi ben en bloque, saïamos moi rápido en ataque. Igual houbo momentos que tratabamos de controlar a pelota e facer dano ao equipo rival. Foi algo que se fixo durante a semana".