RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Os goles de Hugo Matos e Mardones dan 3 novos puntos ao Cadete B

O Cadete B dobregou (2-0) en Abegondo ao EFM Concello de Boiro cos goles de Hugo Matos e Mardones, un en cada tempo deste encontro correspondente á 4ª xornada do grupo norte da Liga Galega.

Con este marcador, o conxunto branquiazul é segundo na táboa con 10 puntos, a 2 de distancia do líder, o Atlético Coruña Montañeros CF, que ten 12.

Cadete B: Manu, Alexis, Xosé, Monteagudo, Marcote, Lombao, Hugo Matos, Mardones, Raúl, Marco Baña e Fer. Tamén xogaron: Hugo García, Sierra, Domínguez, Seydiba e Iván.

A próxima fin de semana, o Cadete B volve xogar en Abegondo. O seu rival será o CD Conxo Santiago B.

Os resultados do Cadete B son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0