RCD / NOVAS

Os Servizos Médicos, pendentes de Pedro Mosquera e Juanfran

13/04/2017 13:13

O adestramento do venres en Abegondo (10:30) será definitivo para saber se Pedro Mosquera e Juanfran poden estar a disposición de Pepe Mel para o partido deste sábado 15 de abril en Riazor ante o Málaga CF (13:00, Bein Sports). Ao finalizar, os Servizos Médicos do Club decidirán se os xogadores reciben ou non a alta médica.

Os dous xogadores adestráronse hoxe co grupo, do mesmo xeito que Fernando Navarro, que é a única baixa segura para o encontro.

Podes consultar aquí o estado físico do plantel deportivista: