RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os Servizos Médicos seguen en permanente contacto con Juca, que se recupera en Brasil

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo seguen en permanente contacto telefónico e a través de Internet con Juca, que se recupera na Clínica Reffis de Brasil cun dos fisioterapeutas da Selección Brasileña, Luís

O pasado sábado 20 de marzo, Juca foi sometido a unha resonancia magnética no Hospital Modelo da Coruña na que se confirmou a súa microrrotura no sóleo da perna dereita cunha pequeno edema perilesional. Ese mesmo día viaxou a Brasil e esta semana, o centrocampista branquiazul pasou diversas probas médicas realizadas por José Sánchez de Aquino, médico do Sao Paulo, que serviron para comprobar a evolución da súa lesión.

De momento non está fixada unha data de regreso.