22/08/2017 13:24 |
RCD / NOVAS
Os tropezóns do Valladolid asegura o liderado do Dépor, pase o que pase en Alacante
A derrota do Valladolid, inmediato perseguidor, en Córdoba esta tarde deixa ao Deportivo no liderado pase o que pase mañana domingo en Alacante. Agora mesmo, o Celta, que ganó o venres ao Recre, é segundo a dous puntos do Dépor. O Valladolid queda a tres de diferenza. Ambos suman un partido más. Por conseguinte, se os deportivistas vencen mañana no Rico Pérez, deixarían ao segundo clasificado a cinco puntos, además de bater un récord histórico de oito triunfos consecutivos, unha hazaña inédita nos case 106 añvos de o Club.

En rolda de prensa antes de partir de viaxe a terras levantinas, Seoane recoñecía que sería "un pau" non xogar, cos dous laterais dereitos (Laure e Manuel Pablo) na Coruña por sanción e por decisión técnica respectivamente.
Por outra banda, Juan Domínguez ve lóxico que o estadio herculano sexa unha pota a presión "porque eles xogan no seu campo". O centrocampista coruñés non asina o empate, "aínda que nunca sabes despois as circunstancias do partido".