RCD / NOVAS

Os veteranos do Dépor, campións de España na liga Solidaria FEAFV

01/06/2019 20:14

Os veteranos do Real Club Deportivo conseguiron esta tarde en Oliva (Valencia) o campionato de España da liga Solidaria organizada pola Federación Española de Asociacións de Futbolistas Veteranos.

Na Fase Final, en dúas categorías e na modalidade de fútbol 7, participaron Atlético de Madrid, Cultural Marbella, El Ejido, Málaga CF, Murcia CF, RC Celta de Vigo, Rayo Vallecano, Teruel e Valencia CF. No seu camiño ao título o Dépor impúxose ao Rayo Vallecano (1-0), á Cultural Marbella (2-1), ao Murcia CF (4-3) e ao Málaga (2-0) na gran final con goles de Jacobo e Padín.