RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os xuvenís centran o domingo a atención en #ANOSACANTEIRA nun calendario que abre o venres o Infantil A en San Tirso

Os dous equipos xuvenís de #ANOSACANTEIRA centran a atención da fin de semana.

A UD Las Palmas, campión do grupo 6, é o rival do Xuvenil A nos cuartos de final da Copa de Campións, segundo o sorteo realizado o pasado luns na sede da RFEF na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Nesta competición participan os sete campións dos sete grupos da División de Honra e o mellor segundo de todos os grupos.

Esta rolda de cuartos de final será a dobre partido e a orde de campos quedou determinado pola orde da extracción das bólas nun sorteo puro: a ida en Abegondo o domingo 13 ás 12:00 (campo principal e televisado pola web de CRTVG); e a volta unha semana máis tarde en Las Palmas de Gran Canaria.

Neste sorteo tamén se determinou o cadro clasificatorio das semifinais e final, que será en sede única, formato 'Final Four', do 24 ao 27 de xuño. En caso de superar á UD Las Palmas, o rival do Xuvenil A en semifinais, a partido único, será o vencedor dos cuartos de final entre o Real Madrid e o Atlético de Madrid

O Xuvenil A accede á Copa de Campións como campión do Grupo 1 con 53 puntos; por diante do RC Celta (51 puntos) e Sporting de Gijón (50 puntos).

Na segunda fase da Liga Nacional, grupo 1C de ascenso, ao Xuvenil B válelle un empate o sábado 12 de xuño ás 18:00 en Abegondo ante o RC Celta B para lograr o título de campión da categoría, no último partido de liga. Os deportivistas suman 59 puntos por 58 os célticos, segundos na táboa.

A xornada ábrea este venres o Infantil A, que visita ao San Tirso SD (19:30) na segunda xornada da segunda fase da Liga Galega, grupo norte A1. O sábado xogan en Abegondo o Cadete A (11:30) ante o Arosa SC en busca do liderado da segunda fase na División de Honra (grupo A2); e o Alevín de fútbol once, xa campión da Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, fronte ao Oza Juvenil SD B (11:30).

Finalmente conclúen a liga o sábado pola tarde na Torre o Benxamín A (16:00) que tentará certificar o seu título no grupo A da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito; e o Fabril FC Benxamín (17:30), xa campión do grupo C.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría xuvenil
Copa de Campións, cuartos de final, ida: XUVENIL A - UD LAS PALMAS, o domingo 13 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (campo principal)

5ª xornada (última): XUVENIL B - RC CELTA B, o sábado 12 de xaneiro ás 18:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional, segunda fase, grupo 1C de ascenso: 1. Xuvenil B, 59 puntos; 2. RC Celta B, 58 puntos; 3. SD Compostela, 49 puntos...

Categoría cadete
2ª xornada: CADETE A - AROSA SC, o sábado 12 de xuño ás 11:30 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da División de Honra, segunda fase, grupo A2: 1. Arosa SC, 4 puntos; 2. Cadete A, 3 puntos; 3. RC Celta e San Tirso SD, 2 puntos

Categoría infantil
2ª xornada: SAN TIRSO SD - INFANTIL A, o venres ás 19:30 no campo do Monte (San Tirso)
Clasificación da Liga Galega, segunda fase, grupo norte A1: 1. Infantil A, 5 puntos; 2. CD Lugo, 3 puntos; 3. San Tirso SD, 2 puntos; 4. Victoria FC, 1 punto

Categoría alevín
10ª xornada (última): ALEVÍN - OZA JUVENIL SD B, o sábado 12 de xuño ás 11:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A: 1. Alevín e CD Calasanz A (un partido máis), 18 puntos; 3. Imperátor OAR A e Victoria CF B, 9 puntos; 5. Oza Juvenil SD B, 0 puntos

Categoría benxamín
10ª xornada (última): URAL ESPAÑOL CF A - BENXAMÍN A, o sábado 12 de xuño ás 16:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A: 1. Benxamín A, 21 puntos; 2. Ural Español CF A, 18 puntos; 3. Victoria CF C (un partido máis), 10 puntos...

10ª xornada (última): FABRIL FC BENXAMÍN - VICTORIA CF B, o sábado 12 de xuño ás 17:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Autonómica de fútbol oito, grupo C: 1. Fabril FC Benxamín, 21 puntos; 2. CD Calasanz A, 15 puntos...