RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Óscar Gilsanz recalca que "o obxectivo principal é que os xogadores (de #ANOSACANTEIRA) achéguense ao primeiro equipo"

Óscar Gilsanz, técnico do Fabril, subliñou esta mañá en rolda de prensa en Abegondo, ao iniciar a pretemporada, que "o obxectivo principal é que os xogadores se acheguen ao primeiro equipo. É unha satisfacción para min e para o traballo de moita xente no Club que haxa xogadores que estean preto dese primeiro equipo, que estean a participar e que estean a demostrar que #ANOSACANTEIRA tamén ten sitio", subliñou en alusión aos moitos canteiráns que cada día se adestran ás ordes de Borja Jiménez: Noel, Yeremay, Alberto, Trilli, Brais Val, Brais Suárez, Iván Guerrero, Guille Bueno e Juan Rodríguez.

Nesta liña, máis que obxectivos competicionales, prefire o adestrador coruñés "falar de rendemento, que os xogadores a nivel individual e a nivel colectivo teñan un rendemento o máis preto posible do seu óptimo. Despois a clasificación irache poñendo onde mereces. Un Fabril en Tercera RFEF debe estar o máis arriba posible sempre pero gústame falar máis de rendemento".

Ve con naturalidade o seu salto ao filial após proclamarse campión de España co Xuvenil A: "O fútbol e as necesidades dos clubs van marcando o que o Club require de ti. O fútbol ten estas cousas. Unhas veces as cousas van moi lentas e outras demasiado rápido. En 48 horas cambiou a perspectiva e nada máis".

Non se para a pensar en que esta temporada non poderá disputar co Xuvenil A a Youth League, gañada trala histórica 'Final Four' do pasado mes de xuño en Marbella: "É atractiva pola posibilidade de partidos atractivos e de experiencias novas, diferentes. Os que estamos metidos neste mundo non podemos pararnos a pensar o que pasaría se ou non... É un paso que demos e non hai que mirar atrás. O proxecto dun filial en Terceira División para min é moi atractivo. Estou a desexar empezar para poder seguir traballando".

Finalmente, Óscar Gilsanz pide paciencia con #ANOSACANTEIRA: "A partir de agora os tempos son importantes para todos. Os xogadores son diferentes uns doutros. Uns crecerán máis rápido, darán pasos máis rápidos; outros menos. Hai que ser conscientes diso e tratalos dunha maneira individualizada. Ocórreseme a palabra paciencia. Ter un pouco de paciencia con eles e que eles vaian marcando o seu propio camiño".