RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Pablo Álvarez pide 'saír a morder' ante a Real Sociedade

Pablo Álvarez converteuse no xogador numero doce do Deportivo. Leva tres partidos consecutivos (Almería, Real Madrid e Osasuna) disputando a segunda metade. O centrocampista galego di por iso estar "contento de que cambiase un pouco a s

Cualifica o encontro do luns ante a Real Sociedade como "moi importante. Se gañamos, os partidos anteriores que empatamos serían bos e se perdemos non".

Recoñece que o Osasuna "co seu fútbol metéronnos no noso campo. Aí é importante non encaixar e tentar aproveitar algunha oportunidade".

Cre Pablo Álvarez que o obxectivo está claro: "salvarse e canto antes. A Real Sociedade está nunha situación tranquila e tense que notar quen se xoga a vida. Hai que saír a morder".

Apunta que o equipo que dirixe o ex deportivista Martín "Lasarte está a facer as cousas moi ben, ten as ideas moi claras e é un equipo perigoso. Temos que pór fútbol, ganas e intensidade".