RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pablo Marí lembra que "somos o único equipo da categoría que só perdeu un partido"

Pablo Marí defendeu esta mañá na sala de prensa de Abegondo os números que avalan ao Dépor: "Somos o único equipo da categoría que só perdeu un partido".

O central deportivista lembra que "non todos os centrais nin os laterais xogamos todos os partidos. Habemos ir rotando nalgúns partidos. O futbolista que entrou fíxoo igual de ben que o que estaba a xogar. Hai moita competitividade neste equipo".

Nesta liña, sostén que "temos un dos mellores cadros da categoría. Cando tes un cadro tan completo e con moi bos futbolistas, calquera que entre no campo pode xogar. Os números que temos agora gañámonolos".

Do partido deste domingo ante o Real Zaragoza (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), destaca Pablo Marí que se van a enfrontar en ABANCA-RIAZOR "dous grandes equipos, dous históricos de España. Iso está aí e non cho quita ninguén. Sairemos a facer o noso partido".

Advirte que os zaragozanos son un equipo "grande, histórico, feito para estar arriba. Ten un cadro novo, que en moitos momentos da temporada mingua un pouco esa mocidade. Pero son xente que ten ilusión, ganas, que morden todos. É un equipo moi perigoso e moi bo de Segunda División. Temos que facer o noso partido e ser moi intelixentes".