RCD / NOVAS

Parte médico de Borja Galán

02/01/2021 11:51

Borja Galán foi sometido a probas médicas no Hospital Quirónsalud A Coruña para coñecer o alcance exacto das molestias que sufriu no adestramento do pasado martes en Abegondo.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo comprobaron que o atacante deportivista sofre unha lesión muscular no bíceps femoral da súa perna dereita.

Borja Galán estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. A medida que a súa evolución o permita, comezará o seu proceso de readaptación física co readaptador do primeiro equipo Fran Molano; como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Máis novas de: BORJA GALÁN