RCD / NOVAS

Parte médico de Christian Santos

09/01/2020 19:50

Unha resonancia magnética realizada esta mesma tarde confirmou que Christian Santos sofre unha escordadura leve no seu xeonllo dereito, após un encontrón cun compañeiro na sesión desta mañá en Abegondo.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo condicionan o regreso do internacional venezolano aos adestramentos en función da súa evolución nos próximos días.

Máis novas de: CHRISTIAN SANTOS