RCD / NOVAS

Parte médico de Derik Osede

02/11/2020 17:34

Tralas probas complementarias realizadas esta mañá a Derik Osede, os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que sofre unha lesión muscular no sóleo distal da súa perna esquerda, sen afectación do tendón de Aquiles.

O defensor deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia e, cando a súa evolución o permita, pasará á fase de readaptación física a cargo do readaptador, Fran Molano; no paso previo á súa incorporación aos adestramentos co grupo.

Derik viuse obrigado a saír do terreo de xogo no minuto 18 do partido de onte no Estadio Reina Sofía de Salamanca ante o Unionistas. Foi relevado por Uche.