RCD / NOVAS

Parte médico de Diego Villares

14/06/2022 11:52

Diego Villares foi sometido a probas médicas tralas molestias coas que concluíu o partido do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR, último da temporada 2021-22.

Os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño comprobaron que sofre unha escordadura do ligamento lateral interno no seu xeonllo esquerdo

Diego Villares estará en tratamento estes días co obxectivo de arrancar a pretemporada o mes que vén ao mesmo ritmo que o resto dos seus compañeiros.

Máis novas de: DIEGO VILLARES