RCD / NOVAS

Parte médico de Guilherme

02/03/2017 09:05

Guilherme foi sometido onte pola tarde a unha resonancia magnética no hospital HM Modelo da Coruña para ditaminar o alcance exacto das molestias nos isquiotibiais da súa perna esquerda.

Os Servizos Médicos do Club detectáronlle, á vista das probas de imaxe realizadas, unha lesión muscular de grao 1 no bíceps femoral da súa perna esquerda.

O futbolista branquiazul estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. A súa evolución ditaminará cando pasará á seguinte fase, de readaptación deportiva, baixo a supervisión de Fran Molano, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Máis novas de: GUILHERME