RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Ian Mackay

A tenor das probas médicas realizadas, os Servizos Médicos do RC Deportivo que dirixe o doutor Carlos Lariño comprobaron que Ian Mackay sofre unha escordadura acromioclavicular e unha fractura de apófisis coracoides.
O futbolista coruñés estará uns días en repouso deportivo, con tratamento médico e de fisioterapia. 
En función da súa evolución, Ian Mackay pasará posteriormente á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.