RCD / NOVAS

Parte médico de Miku

18/12/2020 19:26

Miku foi sometido esta mañá a probas médicas no Hospital Quirónsalud A Coruña para coñecer o alcance exacto das molestias que sufriu onte no partido de Copa de SM O Rei ante o CD El Ejido.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo comprobaron que o dianteiro deportivista sofre unha lesión muscular no seu aductor da perna dereita.

Por conseguinte, Miku estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. A medida que a súa evolución o permita, comezará o seu proceso de readaptación física co readaptador do primeiro equipo Fran Molano; como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Máis novas de: MIKU