RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Partidos internacionais mañá venres para Borges, Fayçal e Emre Çolak

Tres deportivistas teñen mañá venres 24 de marzo partido internacional coa súa respectiva selección nacional: Celso Borges (Costa Rica), Fayçal (Marrocos) e Emre Çolak (Turquía).

Emre Çolak, fronte a Finlandia

Emre Çolak, nun gran momento de xogo no Dépor, foi citado por Turquía para dous partidos internacionais. O primeiro deles será mañá venres 24 de marzo (20:00, hora local) ante Finlandia no Antalya Area da localidade turca de Antalya, clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018.

O segundo choque de Turquía será amigable, con Moldavia como rival, o luns 27 de marzo (19:15, hora local), no New Eskisehir Stadium da cidade de Eskisehir.

Burkina Fasso, primeiro rival da Marrocos de Fayçal

Fayçal Fajr, que tivo unha destacada actuación na última edición da Copa de África, está concentrado con Marrocos para dous partidos amigables. O primeiro deles será mañá venres 24 (19:00 horas) fronte a Burkina Fasso no Gran Estadio de Marrakech.

O segundo encontro neste parón será o martes 28 ante Tunes, á mesma hora e no mesmo escenario.

Duro encontro para Celso Borges en México

Celso Borges foi finalmente convocado pola súa selección nacional, Costa Rica, para dous partidos oficiais, correspondentes á eliminatoria pola zona CONCACAF para o Mundial de Rusia 2018. Así, mañá venres 24 de marzo (19:50, hora local), Costa Rica visita a México, no Estadio Azteca de Cidade de México.

Catro días máis tarde, o martes 28, xogará ante Honduras no Estadio Francisco Morazán de San Pedro Sula. O choque arrincará ás 15:00 (hora local).

Amigable de Kakuta fronte a Kenia

Gaël Kakuta foi convocado pola súa selección, a República Democrática do Congo, para un partido amigable ante Kenia. O choque está fixado para o domingo 26 de marzo (15:00 horas) no Kenyatta Stadium da cidade kenyana de Machakos.

Ao finalizar o encontro, o atacante deportivista emprenderá viaxe de regreso á Coruña.