RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Patri López caeu en cuartos do torneo Gamher, recadando 6.000 euros para Médicos do Mundo

A xogadora do Dépor ABANCA Patri López caeu en cuartos de final do do primeiro torneo feminino online de FIFA 20, Gamher, organizado pola Real Federación Española de Fútbol e Iberdrola con xogadoras da Primeira Iberdrola.

A futbolista do Dépor perdeu por 2-7 ante a xogadora de Atlético de Madrid Olga García, que posteriormente tamén superou as semifinais.

Cos 2 goles de hoxe e os 10 do debut (a maior goleada do torneo) Patri conseguiu recadar 6.000 euros, doados por Iberdrola, para Médicos do Mundo.

Cuartos de final

Olga García - Patricia López 7-2
Anna Torrodá - Isabel Longa 6-0
Rosa Márquez - Sheila García 3-6
Raquel Pinel - Marta Carro 5-4

Semifinal

Olga García - Anna Torrodá 4-3
Sheila García - Raquel Pinel 5-1

Sheila García, do Rayo Vallecano, será a rival de Olga García este domingo 3 de maio a gran final que será retransmitida por Teledeporte. Ademais, a campioa xogará a final internacional ante o todopoderosa Brasil.

Durante todo o campionato, Iberdrola doou 500 € por cada gol marcado para dotar de material de protección ao persoal sanitario a través da ONG Médicos do Mundo. Cos 46 tantos que se anotaron nas dúas eliminatorias disputadas durante este venres, Iberdrola doará 23.000 euros que haberá que sumar aos 30.000 conseguidos nos oitavos de final. Ademais, ao longo do evento incentivaranse as doazóns de particulares, empresas e público xeral que se queiran unir á causa de Médicos do Mundo, que se poderán realizar a través da plataforma WORLDCOO https://bit.ly/doar_gamher.