RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Paula Novo incorpórase hoxe luns á concentración da selección española sub-17

A xogadora do Dépor ABANCA B Paula Novo (Boiro, 1 de xaneiro de 2005) recolle o testemuño doutras deportivistas como Carlota, Eva Dios ou Sara Álvarez e continúa no punto de mira das categorías inferiores da selección española.

Así, a futbolista branquiazul incorpórase hoxe luns 31 de maio a uns adestramentos co combinado sub-17, que terán lugar na localidade alacantina de Alfaz del Pi até o xoves 3 de xuño.

A central do Dépor ABANCA B, titular onte en Xixón co seu equipo no último partido da segunda fase da Primeira Nacional, xa sabe o que é participar con anterioridade en concentracións da sub-15 e sub-16 de España.

Paula Novo completou unha temporada como titular indiscutible no filial branquiazul: en total saltou de inicio en 17 dos 19 partidos nos que participou até a data no equipo que prepara Kevin Cabado.