RCD / NOVAS

Pedro Sánchez insiste en pasar páxina e "tentar non lembrar nada e non falar (sobre a temporada pasada)"

01/08/2019 20:55

Pedro Sánchez pasou este mediodía pola sala de prensa de Abegondo, unha vez concluída a única sesión de adestramento prevista para hoxe xoves.

O atacante deportivista subliñou que a cabeza está "ben" despois do playoff da pasada temporada: "Hai que ser máis forte que nunca. Ser consciente que tivemos unhas vacacións e só queda recuperarse no mental e físico para volver afrontar o inicio de liga o mellor posible".

Destaca de Juan Antonio Anquela a súa "ilusión, as súas ganas de afrontar este novo reto, que é o máis bonito do fútbol; e en grao sumo importante que é competir domingo a domingo".

Asegura Pedro Sánchez que o equipo "está a coller as ideas do míster. Son diferentes ás do ano pasado. Estamos a crear un bo grupo como o do ano pasado. E desde aí crecer como equipo, como grupo e como todo".

A nivel persoal, gustaríalle ser importante como a recta final da temporada pasada: "Depende de min e do míster. O míster ten que decidir, eu teño que adestrar o mellor posible. O meu rendemento ten que estar o máis alto posible. Esperemos que sexa así".

O futbolista alacantino recalca que a aspiración do Deportivo é que "cada domingo podamos competir nesta categoría difícil, complicada. Ninguén nos vai a regalar nada. Se domingo a domingo competimos, o resultado e o balón determinará o demais. O máis importante é competir, que é o máis bonito e o máis difícil".

Non lle gusta falar dun Dépor favorito ao ascenso: "Imos traballar, a esquecernos do ano pasado, das comparacións, que vai ser un erro. Sobre todo imos tentar facer un bo bloque, un bo equipo; e para que nos gañen, teñan que sufrir e suar bastante".

Nesta liña, reitera sobre a campaña pasada que "o máis importante é non falar. Canto máis se fale peor. Empezamos de cero, con xente nova, todo novo outra vez. Só queda mentalizarse de que vai ser un reto bonito. Tentar non lembrar nada e non falar para que esteamos mellor todos".

Eloxia Pedro aos canteiráns que están a realizar a pretemporada co Dépor: "Chapó para eles. Gústame o que vexo. Os rapaces veñen con moita fame. Levo moitas pretemporadas e levaba tempo sen ver a un xogadores do filial adestrando co primeiro equipo con esa fame. Iso gústame e é bo para o equipo e para eles. Os rapaces son un exemplo. Oxalá poidan ter esa oportunidade durante o ano ou agora. Teño que quitarme o chapeu cos rapaces. Son moi bos rapaces, queren e teñen ganas de aprender".

Máis novas de: PEDRO SÁNCHEZ