RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel baixa a carga de traballo para os futbolistas que tiveron máis minutos no Dragão

O Deportivo retomou esta mañá os adestramentos na 'semana grande' da pretemporada, que culminará coa disputa do Trofeo Teresa Herrera este sábado 5 de agosto ás 20:30 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR fronte ao West Bromwich Albion inglés.

Para todo o cadro, cos fabrilistas Edu Expósito e Francis, houbo inicialmente un traballo de forza no ximnasio e un exercicio de posesión.

A partir de aí, os que tiveron máis minutos de xogo o pasado domingo no Estadio do Dragão ante o FC Porto tiveron tarefas de recuperación, con ximnasio e masaxe. Os demais futbolistas completaron o adestramento con fútbol en espazo reducido.

Quedou no ximnasio Celso Borges, con molestias nun pé por un pisotón; e adestrouse Carles Gil co readaptador Fran Molano.

Como é habitual sempre que hai actividade pola tarde, os xogadores comerán xuntos no Hotel Tryp Coruña (13:30 horas). Pola tarde, a sesión de adestramento arrancará ás 19:00 horas.