RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel: "Ímonos coa sensación de ter recompensa ao traballo que fixemos"

Pepe Mel manifestou na sala de prensa de Ipurua que o Deportivo, tras o empate sen goles, "márchase de aquí cun punto máis e, por tanto, coa sensación de ter recompensa ao traballo que fixemos".

Explica que, sobre todo na primeira metade, "equivocámonos constantemente no último pase, ese que deixa ao dianteiro diante do porteiro. Se o fixemos ben aínda que fose unha vez, estariamos a falar aquí seguramente doutra cousa".

Na segunda parte, a xuízo de Pepe Mel, "o Eibar por pulo e por garra meteunos atrás. O que pasa que non sufrimos en exceso".

Preguntado por Francis, debutante hoxe en LaLiga Santander en idade xuvenil, apunta que "todo o equipo o arroupou, sentiuse a gusto. Alégrome principalmente polo Dépor porque ten un patrimonio máis para o futuro. Agora o que ten que seguir é con humildade, como ata agora, e gañarse o posto".