RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel viu "todo cousas positivas hoxe" e Javier Cabello laméntase do gol xusto antes do descanso

Pepe Mel manifestou na sala de prensa que "todo ten cousas positivas hoxe. O negativo tivémolo onte coa lesión de Adrián".

Destacou o técnico deportivista aspectos da vitoria ante o Alavés como "portería a cero, importante. Tres puntos, importante. Creo que xogamos ben, xeramos fútbol, xeramos ocasións de gol. Xente que suma minutos que é importante que estean ben porque os imos a necesitar no futuro próximo. Todo foi positivo para nós hoxe".

Conclúe Pepe Mel que este triunfo, primeiro nesta liga do Deportivo, "permítenos ter dous días de tranquilidade para preparar o partido de Barcelona (ante o Espanyol o domingo 24 de setembro ás 12:00 horas no RCDE Stadium)".

Explicou que "tiñamos claro que non podiamos permitir contras do Alavés. Non nos podiamos desproteger. O partido había que maduralo. Duraba 95 minutos. Se repasades as notas o primeiro disparo é o de Munir no minuto 43. A continuación o córner que eles rematan, e non tiveron máis. Fixemos o que tiñamos que facer: madurar o partido. Ao final tivemos para facer o 2-0 tres ou catro veces. Esa foi a pena. Se aumentásemos o marcador non sufririamos ata o final".

Pola súa banda, Javier Cabello, técnico do Alavés, indicou que "disputamos unha boa primeira parte, demos un paso para adiante. Fomos un equipo atrevido, que foi buscar arriba para tentar crear problemas. Fixémolo bastante ben. Pero tivemos a desgraza no desconto de recibir o gol".

Opina o técnico alavesista que "na segunda parte estivemos un pouco precipitados, desorganizados. Pero o equipo tivo moito decoro, moita coraxe. Ata o último momento vendeu moi cara a derrota".