RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Peru afirma que "fomos claros dominantes" e Dani Giménez resalta que "apenas pasamos apuros en defensa"

Peru Nolaskoain e Dani Giménez pasaron pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O defensor vasco cre que "fomos claros dominantes durante case todo o partido. Pero isto non serve para nada. Gaña o que fai goles. Hoxe non o fixo ninguén. Ímonos un pouco tristes a casa".

Asegura que "saltamos con intención de gañar o partido, de ir a por eles. Pero é un equipo que sabe o que fai. Encerráronse ben atrás e así terminou".

Nolaskoain recoñece que "ao final este tipo de partidos cansan moito. Chegamos un pouco xustiños ao final. Aínda que quixemos dar o último arreón, non foi así. Unha pena".

Pola súa banda, Dani Giménez indicou que, "sen ser un partido brillante, en defensa estivemos bastante ben, practicamente non pasamos apuros. É certo que no minuto 65, 70 custounos máis. O equipo baixou o rendemento fisicamente", apuntou.

O meta branquiazul cualificou o partido de "tensión. O CD Lugo está a facer as cousas moi ben, está a sacar resultados. Ten unha chea de xogadores bos e é un rival incómodo".

Subliña que "fisicamente non acabamos ben o partido, ao revés doutros partidos que o equipo tivo a iniciativa até o fin. Son cousas que pasan. Levamos partidos correndo moito, presionando. O equipo é normal que non sempre estea ao seu máximo nivel".