RCD / NOVAS

Peru Nolaskoain, novo xogador do Dépor 2019-2020

09/08/2019 17:30

O Athletic Club, o Real Club Deportivo e Peru Nolaskoain chegaron esta tarde a un acordo para a cesión do novo futbolista guipozcoano ao Dépor para a temporada que está a piques de comezar.

Peru Nolaskoain Esnal (Zumaia, 25 de outubro de 1998) incorporarase o luns aos adestramentos do equipo na Cidade Deportiva de Abegondo e será presentado ao término da súa primeira sesión de traballo cos seus novos compañeiros.