RCD / NOVAS

Portugal preconvoca aos deportivistas Hélder Postiga e Cavaleiro para dous partidos en outubro

- Foto: Susi García - A selección de Portugal preconvocó aos deportivistas Hélder Postiga e Iván Cavaleiro para dous partidos no mes de outubro.

26/09/2014 19:46

O primeiro deles será amigable, en París (Stade de France) ante Francia, o sábado 11 de outubro ás 20.45.

O segundo encontro será xa oficial, clasificatorio para a Eurocopa 2016. O rival de Portugal é Dinamarca en Copenhague (Parken Stadium), o martes 14 de outubro ás 20.45 horas.

A convocatoria definitiva farase pública o vindeiro venres 3 de outubro. En caso de ser citados, os futbolistas deben presentarse o luns 6 de outubro na localidade portuguesa de Óbidos.

Cavaleiro, preconvocado tamén pola Selección Sub-21

Iván Cavaleiro foi preconvocado tamén pola Selección Sub-21 de Portugal para dous partidos clasificatorios para o campionato de Europa da categoría.

Ambos os partidos serán ante Holanda, o primeiro en Alkmaar (Holanda) o xoves 9 de outubro; e a volta en Paços de Ferreira o martes 14 de outubro.

A convocatoria definitiva será o vindeiro venres 3 de outubro. En caso de ser citado, o futbolista do Dépor terá que presentarse o domingo 5 de outubro, tras o partido en Sevilla, na localidade lusa de Linda-a-Velha para incorporarse á concentración.

Medunjanin, citado por Bosnia para dous partidos oficiais

Haris Medunjanin foi citado polo seleccionador de Bosnia, Safet Susic, para dous partidos oficiais, clasificatorios para o Campionato de Europa 2016.

O primeiro deles será en Gales (Cardiff City Stadium) o venres 10 de outubro ás 19.45 horas. O segundo encontro será fronte a Bélxica en Bosnia (Estadio Bilino Polje de Zenica), o luns 13 de outubro ás 20.45 horas.

O futbolista terá que presentarse na concentración da súa selección en Bosnia o luns 6 de outubro, tras o partido do Deportivo en Sevilla, previsto para o 5 de outubro ás 12.00 horas.

Máis novas de: CAVALEIRO, MEDUNJANIN, HÉLDER POSTIGA

RCD / Noticias Relacionadas