RCD / NOVAS

Presentado o Dépor Campus Cabreiroá Ames 2020 que este verán se traslada a Milladoiro

29/06/2020 17:39

Bertamiráns acolleu a presentación do Dépor Campus Cabreiroá de verán que realizará a localidade de Ames na terceira semana de xullo de 2020. Este ano, debido ás obras do campo de fútbol de Bertamiráns, a actividade trasládase ao campo de fútbol de Milladoiro.

O acto tivo lugar no salón de plenos, coa presenza de Rafael Budiño, presidente do Bertamirans FC, Sergio Penas, director deportivo do club, Susana Señorís, concelleira de deportes  e Pablo Barros, coordinador das actividades formativas da Fundación Real Club Deportivo.

Os días de actividade serán do 20 ao 24 de xullo, para nenas e nenos entre os 6 e os 14 anos e as inscricións xa se atopan abertas en deporcampus.rcdeportivo.es até o mediodía do xoves 16 de xullo. Nesa mesma dirección atópase toda a información relativa ao Dépor Campus Cabreiroá de Milladoiro 2020.