RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeira sesión de Sabin Merino no Dépor, esta mañá en Abegondo

Sabin Merino estreouse esta mañá ás ordes de Fernando Vázquez. O atacante vasco chegou á Coruña por estrada á primeira hora da madrugada e xa se integrou ao traballo de grupo na primeira sesión preparatoria para o encontro deste xoves 19 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR ante o Real Racing Club (19:00 horas, Movistar LaLiga). Completou con normalidade unha sesión que constou, após un quecemento e uns rondos, dun partido a metade de campo 2 e, a continuación, series de partidos en espazo reducido, de alta intensidade.

Retirouse da sesión Beto da Silva, cunhas molestias na coxa, pendente de avaliación médica. Jovanović tamén se adestrou no ximnasio, este cunha sobrecarga nun aductor.

Así mesmo, Christian Santos e David Simón traballaron co readaptador, Fran Molano.

Os fabrilistas Mujaid, Boian e o meta xuvenil Alberto adestráronse co primeiro equipo.

Mañá mércores 14 de xaneiro, o cadro branquiazul está citado ás 9:30 en Abegondo para almorzar e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.