RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeira sesión de traballo para o Dépor ABANCA 2020-2021

O Deportivo ABANCA comezou  esta tarde en Abegondo, a porta pechada, os adestramentos de pretemporada, para preparar unha liga que comezará o próximo 5 de setembro.

Manu Sánchez iniciou o traballo con Alba Merino, Athenea del Castillo, Carolina Arbeláez, Cris, Helena Torres, Esther Sullastres, Gaby, Iris, Lorena Bedoya, Kika, Michelle Romero, Noe Villegas, Kenni Thompson, Peke, Lady Andrade, Ainoa Campo, Carlota, Patri López e Sara Álvarez; ademais destas futbolistas do Deportivo ABANCA B: Eva Dios, María Figueroa, Tatiana Barcia, Nuria Torres e Jessica Carro.

As costarriqueñas Noelia Bermúdez e Stephannie Branco incorporaranse nos próximos días aos adestramentos.