RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiro adestramento de Celso Borges en Abegondo após o seu regreso ao Deportivo

Celso Borges Moura (San José, Costa Rica, 27 de maio de 1988) adestrouse esta tarde por primeira vez en Abegondo após confirmarse o seu regreso ao Deportivo.

O internacional costarriqueño, que chegou o pasado luns á Coruña e pasou as pertinentes probas médicas derivadas da pandemia de COVID-19, exercitouse no campo 2 da Cidade Deportiva baixo a supervisión dun preparador físico do Club.

A sesión, de case hora e media de duración, consistiu en tarefas físicas e exercicios con balón.

Unha vez que o Dépor retome os adestramentos, Celso Borges porase xa ás ordes de Fernando Vázquez.