Primeiro triunfo do Fabril en liga á conta do Ourense CF
O Fabril estreou o seu marcador de vitorias a conta do Ourense CF (2-0), en partido disputado en Abegondo correspondente á 2 xornada de liga no grupo 1 de Terceira División.
Gandoy encarrilou o partido aos 8 minutos de xogo e Mario Losada certificou na segunda metade o bo partido dos pupilos de Luisito.
Con este resultado, o Fabril suma 4 puntos de 6 posibles.
Fabril: Álex Cobo, Eimil, Martí Vilà, Bourdal, Parga, Kanouté, Javi Sánchez, Gandoy, Mario Losada, Villares e Aarón. Tamén xogaron: Pedro, Iago Novo e Jawed Boumeddane.
A próxima semana, o Fabril visitará ao Arenteiro.
Os resultados do Fabril no que vai de competición son os seguintes:
CD Choco 0 - Fabril 0 Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0