RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Primeiros tres puntos do Fabril FC Alevín á conta do Imperátor OAR C

O Fabril FC Alevín comezou a súa andaina no grupo B da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito cun triunfo (11-0) ante o Imperátor OAR C.

Conforman este grupo ademais o Imperátor OAR A e Orillamar SD A; e o formato de competición será de liga a dobre volta.

Martín Forján -4-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro -2-, Pablo Vara, Raúl e Gabi foron os goleadores do Fabril FC Alevín neste partido.

Fabril FC Alevín: Lucas, Hugo, Pablo Vara, Javi, Lucas Vázquez, Gabi, Raúl e Pablo Somoza. Tamén xogaron: Martín Forján, Iago Varela 'Chicho', Iago Lameiro, Nico e Guille.

A próxima fin de semana, o Fabril FC Alevín mídese ao Imperátor OAR A.